DESEÑO GRÁFICO

Deseñamos cada traballo pensando na súa produción, para optimizar os recursos gráficos necesarios, buscando o equilibrio entre impacto, calidade e custo / beneficio.

Facemos calquera traballo que precises: logotipos, papelería (tarxetas, sobres, selos, carpetas), folletos, catálogos, carteis, maquetación de libros e revistas, rotulacións, decoracións…

IMPRESIÓN

Levamos máis de 20 anos de experiencia traballando no campo da impresión, tanto offset coma dixital, xestionando traballos de imprenta e encadernación de grandes e pequenas tiradas.

Imprimimos todo tipo de produtos: carteis, folletos, tarxetas, etiquetas, libros, revistas, carpetas, catálogos, ploters e carteis gran formato en infinidade de soportes, dende papel a vinilo.

PRODUCIÓN EDITORIAL

O profundo coñecemento dos diferentes procesos gráficos permítennos utilizar os recursos adecuados, encaixando orzamento, calidade e sempre cumprindo o prazo de entrega.

Traballamos con clientes de toda España que confían en nós a súa edición, analizando meticulosamente dende a preimpresión ata a encadernación e a loxística de entrega.

ROTULACIÓN

Os novos sistemas de impresión permiten aumentar as posibilidades de comunicación, revolucionando campos como a rotulación exterior ou a decoración interior.

Facemos rotulacións de todo tipo: vehículos, fachadas, decoración interior, banderolas, paneis para exposicións, monolitos, cartelería interior e de escaparates para comercios, etc..

QUERES VER UNHA MOSTRA DO NOSO TRABALLO?

FALAMOS?

TES ALGUNHA IDEA COA QUE TE POIDAMOS AXUDAR?

CONTACTO